Blog de Antón

opiniones personales entre 2 ríos… turismo y más.

O turismo da Mariña en 3 tempos (o #ViveiroTurismo v.4)

Deja un comentario

Antes de nada comentar que máis que un resumen do foro de turismo celebrado onte en Viveiro, é a miña visión do mesmo.
Calquer parecido coa realidade pode ser pura coincidencia.

Primeiro tempo, o foro.

Pepe Veiga, presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro.
Pepe é a Paixón! E reflicte moi ben o que é o motor de todas as persoas que estás detrás da Semana Santa de Viveiro. Con bastante máis paixón que cartos sacan adiante un blog (moi activo e que aparte de promocionar a Semana Santa tamén promociona toda A Mariña), movense nas RRSS e conseguiron acadar que fose declarada como de Interés Turístico Internacional.

Alfonso Fuente, presidente da Mancomunidade da Mariña
Fixo una comparativa moi significativa de orzamentos turísticos. A Mariña son 15 concellos que aportan 35.000 €, Arousa Norte son 5 consellos e cada un aporta 60.000 €.
Esta claro que a promoción turística que se fan con orzamento tan dispares (sempre ben invertidos) pode ser abismal.
Tamén comentou do importante que sería unha boa sinalización na autovía A-8.

José Pereira, director do complexo hoteleiro Las Sirenas.
Foi moi grato escoitar dun director dun complexo que xestiona máis de 200 unidades de aloxamento con case 700 prazas, que o futuro está en vender experiencias.
Toda a razón. Despois de anos escoitando só en pequenos círculos hoteleiros que o viaxeiro busca, e sobre todo buscará no futuro, unha experiencia única (non chega vender camas) onte quedeime gratamente sorprendido ao escoitalo a José Pereira.

Ana Martínez, concellal de turismo de Ribadeo.
“O turismo máis que cartos é planificación e saber moverse. É escoitar e traballar co sector.” Un exemplo de todo iso son as mesas microsectoriales que crearon fai case catro anos.
Apuntou o dato que o ano pasado as oficinas de turismo de Ribadeo igualaron a oficina de turismo de Santiago de Compostela en número de visitas. Aí queda…

Covadonga Viamonte, concellal de turismo de Viveiro.
Persoalmente desexaba, e moito, saber cal é a súa visión do turismo no concello. Non solucionei nada, quedeime como estaba.
“Non ve tan mal o concello de Viveiro e cree que a promoción debe ser conxunta.”
Non está mal o comentario se non fora que ven da representante dun concello que non está na Mancomunidade e que a súa promoción a fai por “libre” (ver opinión en La Voz de Galicia ou artigos anteriores neste mismo blog (e que seguen sendo válidos) como Viveiro vs turismo o Vivir en Viveiro…)).
Añadir que non digo que o concello desde o seu despacho se vexa ben, pero ao mellor si baixa á rúa, e patea o concello, e fala co sector entón, e só entón, ao mellor as cousas se ven doutra maneira.

Dos comentarios feitos dende o público quédome con dous.

Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro.
Recordounos o esquecido que temos o noso patrimonio/turismo industrial, moi certo,  e como entre nós nos tiramos pedras organizado festas, véxase o caso da Festa Castrexa de Burela e o Mercado Renacentista de Viveiro.
Tamén nos fixo unha reflexión máis que interesante sobre a planificación das autovías en Galicia 😉

Bernardo Fraga, ex-concellal de turismo de Viveiro
Pensa que sería ben repensar a Mancomunidade e que non estaría demais aproveitar o tirón da locomotora “Ribadeo”.
Bernardo, mal o vexo, cando algún concello nin ten vías…

Pablo Rodríguez e José Manuel Moreno explicaron a repercusión turística nos sectores da seguridade e da saúde.

Segundo tempo, o post-foro.

Igual de interesante ou máis. Foi tempo de desvirtualizar, de comentar, de cambiar impresións, de ver as copas medios cheas ou medio vacías…
Un dos comentario máis oídos foi a boa impresión de Ana Martínez e do bo traballo de Turismo de Ribadeo.
En petit comite  comentabase o “pouco viaxados” que son os nosos representantes políticos.
Os debates máis interesantes foron sobre a involucración dos sectores público e privados, e sobre a pouca unidade entre o sector privado.
Persoalmente son dos que penso que si o sector privado nos entenderamos ben entre nós poderíamos facer moita máis forza na administración, é máis, incluso poder prescindir dela en caso necesario.
O sector hoteleiro de Viveiro tamén coincidiamos no tema dos mapas do concello (din que existen, eu non os vin).
Para quen non o sepa os mapas do concello de Viveiro só se entregan na oficina de turismo directamente aos turistas, a concellal do ramo decideu que non se nos podían entregar aos donos de aloxamentos.
É vergoñento que eu poda entregar aos meus hóspedes planos de Ribadeo, Foz, Mondoñedo, Ortigueira ou Cedeira, pero de Viveiro non!
Para colmo o horario da oficina de turismo é de risa.foro-turismo-viveiro

Tempo de desconto, reflexionando.

Agradecer ao equipo de La Voz de Galicia edición A Mariña a celebración do foro, xa que foi unha ocasión moi boa para tratar o tema de turismo na comarca.
Un sector que repercute directamente en todos, anque moitos ainda non o queiran ver. E si funciona o turismo, creamos riqueza en toda A Mariña.
Sobre o debate comentar que si acaso botei de menos un técnico/profesional do turismo. Tres políticos, un empresario e a Semana Santa de Viveiro ¿e os técnicos?… Bueno, para poder traelos primeiro hai que telos.
Como non, onte descubrín que Ribadeo sí o ten. (Si algún outro concello o ten, por favor, que se manifieste)
Levei onte unha grata sorpresa, xa que había máis xente da que eu pensaba (pero moita menos da que debera).
Non vin pola sala autoproclamados representante do turismo na comarca. Eso de vir como público…
A ver, o folleto estaba ben,  pero moi mal por parte do concello non ter para cada asistente unha chapa desas que tanto éxito tiveron en Fitur.

Un pracer compartir con todos vos esas 5 horas, cando queiredes outra!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s